Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular maqueta da cidade de Tui

Espectacular maqueta da cidade de Tui

José Martínez Clotet leva 40 anos recreando en miniatura as 75 construcións máis representativas de Tui

A mostra estará aberta ata o vindeiro 10 de maio
G24.gal 23/04/2025 18:52 Última actualización 23/04/2025 19:03

A vila de Tui dunha soa ollada grazas ás 75 maquetas que se exhiben na vella área panorámica da cidade. O seu autor leva corenta anos construíndo a escala os edificios máis significativos de Tui.

Non falta a vella ponte internacional nin un fragmento de Valença. José Martínez Clotet, nado en Murcia namorouse desta vella capital de Galicia e lévaa replicando desde hai case medio século. A mostra estará aberta ata o vindeiro 10 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade