Falece un home de 61 anos tras envorcar a pa cargadora coa que traballaba en Oia
Mentres retiraba esterco co vehículo, acabou envorcando e quedou atrapado entre a máquina e unha parede

Un home de 61 faleceu en Oia (Pontevedra) tras envorcar a pa cargadora coa que realizaba tarefas nunha leira, informa o 112 Galicia.
O accidente produciuse no lugar de Mavia, na parroquia de Loureza, mentres a vítima retiraba esterco co vehículo, unha retroescavadora pequena, que acabou envorcando. A vítima quedou atrapada entre a máquina e unha parede.
O aviso foi recibido pola central de emerxencias ás 17:05 horas a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Desde o 112 activouse o protocolo de emerxencia e foron mobilizados os bombeiros do Porriño, o GES da Guarda e a Garda Civil.
Con todo, a pesar da rápida intervención dos servizos de emerxencia, non foi posible salvarlle a vida.