Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de visitantes aproveitaron a súa estancia en Santiago para mercar todo tipo de agasallos

Milleiros de visitantes aproveitaron a súa estancia en Santiago para mercar todo tipo de agasallos

As cunchas, os bastóns de peregrino pero sobre todo obxectos pequenos coma imáns e chaveiros entre os recordos que máis se venden

Resulta difícil escoller un agasallo para levar entre tanta oferta
G24.gal 18/04/2025 15:35 Última actualización 18/04/2025 15:55

Este é o aspecto que presentaban este venres as rúas de Santiago. Milleiros de turistas elixiron a cidade esta xornada. Nin a choiva que por momentos caía con forza foi quen de disuadilos. Foron moitos os que aproveitaban eses momentos para atopar o agasallo perfecto.

 "O recordo por excelencia é algo relacionado coa cuncha, co camiño"

"Pediume moita xente que leve cousas de aquí e sobre todo para unha persoa que está maliña", contan unhas turistas

De entre os centos de obxectos que se ofertan os que máis éxito teñen son os de tamaño pequeno.

"En xeral imáns, chaveiros cousas pequeniñas que poidan meter no avión", explica Pablo Pío, da tenda de recordos Compostela

"Cousiñas pequeniñas e que non pesen", apunta unha clienta

Á hora de buscar un recordo o importante é atinar ou axustarse ao presuposto?

"Depende, se me gusta, non miro, como no caso do acibeche, o demais todo está bastante asequible"

"Sobre todo que nos guste, é o máis importante"

As xoias de prata e acibeche son todo un símbolo que inmortaliza a esencia da cidade

"Vimos buscar un pouco da prata e o acibeche que non se atopa noutros sitios e vimos aquí", conta un rapaz

Éxito asegurado tamén cos os doces da terra.

"A torta, sobre todo tamén os caprichos porque lles parecen diferentes e de licores queimada e crema de licor", relata Bibiana Jaimes, dependenta da tenda Casal Cotón

"Para que proben algunha delicia, así de aquí, de Galicia"

"Séntense louvados con que lles leves algo e é tamén para nós unha forma de presentarlle o noso cariño á familia", conclúen uns turistas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade