Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia obriga a celebrar o Santo Encontro de Viveiro o interior da igrexa de San Francisco

A chuvia obriga a celebrar o Santo Encontro de Viveiro o interior da igrexa de San Francisco

Ainda que o espazo era máis limitado, isto non restou emoción a unha das procesións máis seguidas na cidade

É única polas súas imaxes, todas articuladas, con movemento que lle dan realismo a representación

G24.gal 18/04/2025 14:59

O son das trompetas marca o inicio do santo encontró de Viveiro. Está vez no interior da igrexa a salvo da chuvia.

"Intentase conservar o patrimonio e intentase que saia dunha maneira ou de outra, porque é moi frustrante que despois de estar todo o ano traballando non podas sair", di unha muller.

Está e unha das procesións mais queridas e seguidas polos viveirenses.

"Son costaleiro desde os 13 anos, agora tamen a miña filla, isto pasase de xeración en xeración"; di un home, outro asegura que "Esta procesión é a esencia da Semana Santa de Viveiro, é un orgullo participar no Santo Encontro",

A sua singularidade  está nas súas imaxes todas articuladas.

"Non é o máis sinxelo de levar, porque están en continuo movemento", explica Jesús, que é costaleiro.

O momento mais especial e o encontro de María con Xesús cargado de realismo.

"A Semana Santa de Viveiro é vela pero é vivila, esta procesión é de vivila, aquí non hai grandes tronos nin frores, hai sentimento", comenta un costaleiro.

Os brazos da dolorosa son os de Che  e seguindo os seus pasos ven o seu neto Hugo.

"Gústame aprender cousas novas da Semana Santa"; di Hugo, o seu avó confirma: "Empecei de moi novo, é un sentimento".

Un sentimento que fai q pareza q as imaxes cobran vida.

"Como cae o cristo, como se move, é preciosa"; di unha muller, outra engade :"Merece a pena vir vela"

Viveiro vive hoxe o día grande da súa Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade