Combarro xa ten a oficina de turismo aberta desde hai unha semana
Cada vez son máis os extranxeiros que recuncan na vila mariñeira
En Combarro teñen a oficina de turismo aberta desde hai unha semana. Todos os que veñen repiten e os informadores están preparados para atender en varios idiomas.
A imaxe máxica da vila non é só unha postal. Hai máis de mil vivendas habitadas e os hórreos aínda se empregan como método de almacenaxe. Todo quere ser real nesta vila que aposta pola interacción humana, lonxe das intelixencias artificiais.
Sesenta hórreos e unha ducia de cruceiros embelecen este singular lugar de Galicia con restaurantes sobre o mar e tabernas enxebres.
Agora despois dun século vedada os civís tamén se pode visitar a illa de Tambo, cunha polvoreira, unha vella planta ostreira e vello enclave militar que ata ben pouco non viña nos mapas.
Malia a súa proximidade a Poio, Marín e Pontevedra en Tambo aínda se pode escoitar o son do mar e ver choutar as pulgas sobre a area.