Cargando resultados...
Continúa en Lugo a limpeza das zonas anegadas pola tromba de auga
Unha das zonas máis afectadas foi As Regas da Campiña, con garaxes anegados e peches derrubados
G24.gal
12/04/2025 21:06
Última actualización 12/04/2025 21:49
Continúan as consecuencias da tromba de auga que asolagou este venres Lugo, con zonas especialmente afectadas como As Regas da Campiña, onde a veciñanza continúa retirando entullos.
Quéixanse dunha balsa de auga que hai a carón da urbanización que se desborda "cada vez que chove", o que lles fai temer futuribles trombas de auga.
A última treboada derrubou un peche de bloque e anegou varios garaxes. Nalgúns, a auga alcanzou o metro e medio de altura e, despois de horas traballando, aínda non conseguiron retirar os aparellos estragados pola chuvia.