Publicador de contidos

Publicador de contidos

A baliza luminosa con conectividade creada pola empresa viguesa Netun Solution é un referente no sector

A baliza luminosa con conectividade creada pola empresa viguesa Netun Solution é un referente no sector

Hai case dez anos dous garda civís viron a necesidade de cambiar o xeito de sinalizar as emerxencias nas estradas porque a cifra duns douscentos condutores ou acompañantes falecidos ao ano cando colocaban os triángulos avalaban esta nova necesidade.

A V-16, o nome técnico da baliza, só estará homologada se ten conectividade, un dato que segundo un estudo encargado por Netun Solutions só coñece o 12% da poboación. 

G24.gal 12/04/2025 14:47

En pouco máis de oito meses todos os coches que circulen polas estradas españolas deberán levar obrigatoriamente unha baliza luminosa homologada que aumente a súa visibilidade en situacións de emerxencia. Unha empresa tecnolóxica galega lidera a creación deste novo dispositivo dotado coa Internet das cousas.

Esta tecnolóxica chámase Netun Solutions e ten a sede social en Vigo. Co asesoramento de dous Garda Civís, tamén galegos, hai xa case dez anos viron a necesidade de cambiar o xeito de sinalizar as emerxencias nas estradas. A cifra duns douscentos condutores ou acompañantes falecidos ao ano cando colocaban os triángulos avalaban esta nova necesidade. Crearon entón un prototipo de baliza luminosa que nun só xesto e sen saír do coche se coloca no seu teito.

Ademais, nesa liña de traballar pola seguridade viaria esa luz V-16 está conectada a unha banda estreita a través das antenas de telefonía, o que permite localizar o punto exacto desa incidencia. Se a baliza que teñen carece desa conectividade deben saber que non serve, un dato que poucos coñecen agora na rúa. 

Achegámonos a Netun Solutions, que é de Vigo, e que é un referente estatal no desenvolvemento de produtos e servizos no campo da mobilidade nas estradas. O seu director de estratexia ensínanos a evolución nestes dez anos da actual HELP Flash IOT, da que xa hai un millón de unidades no mercado, unha balizade luz conectada a un centro de control da DXT.

"O obxectivo do dispositivo é que cando ti tes un accidente ou unha avaría que cun simple xesto ti acendes a luz e automaticamente ese dispositivo que internamente ten un receptor GPS, unha antena GPS, e ten un sistema de comunicacións de Internet das cousas notifique á nube da DXT3.0 que nun punto quilométrico "x" e nunha estrada "i" hai un vehículo avariado. E a verdade é que iso proporciónache a posibilida de que nun minuto poidas estar localizado e que enseguida te poidan atender", conta a TVG Carlos Conde, director de Estratexia Dixital de Netun Solutions.

Esta V-16, ese e o nome técnico da baliza, só estará homologada se ten esa conectividade, un dato que, segundo un estudo encargado por Netun Solutions, só coñece o 12% da poboación. 

A partir do un de xaneiro de 2026 os aproximadamente 28 millóns de condutores en España dun parque móbil de preto de 30 millóns de coches deberán levar no seu coche unha baliza V-16 con conectividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade