Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente en Teo, na AP-9 dirección Santiago, provoca retencións e deixa un ferido grave

Un accidente en Teo, na AP-9 dirección Santiago, provoca retencións e deixa un ferido grave

O ferido foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago nunha ambulancia de soporte vital avanzado

As retencións prolongáronse durante máis dunha hora con máis dous quilómetros de cola

G24.gal 11/04/2025 10:06

Unha colisión entre un turismo e un camión provocou este venres retencións de varios quilómetros na AP-9 sentido Santiago, á altura de Calo, no Concello de Teo. O accidente provocou un ferido grave.

Segundo informaron fontes sanitarias e de seguridade, o suceso produciuse ás 7:30 horas entre os quilómetros 78 e 79 da AP-9.  Nun primeiro momento, deuse o aviso de que un dos ocupantes do coche precisaría ser excarcerado, pero finalmente foi liberado polo persoal sanitario.

Este home, de 33 anos, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago nunha ambulancia de soporte vital avanzado. O 061 enviou ademais outra ambulancia de soporte vital básico. Tamén se desprazaron ata o lugar do accidente os bombeiros de Boiro, a Garda Civil de Tráfico, o GES de Brión e a Policía Local.

As retencións prolongáronse durante máis dunha hora con máis dous quilómetros de cola, segundo informou a Dirección Xeral de Estradas (DXE).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade