Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco persoas quedan feridas ao bateren dous coches na N-550 no concello de Mos

Cinco persoas quedan feridas ao bateren dous coches na N-550 no concello de Mos

O condutor e único ocupante dun dos vehículos implicados está hospitalizado en estado grave

G24.gal 12/04/2025 10:50 Última actualización 12/04/2025 11:02

Grave accidente de tráfico na estrada nacional 550 ao seu paso polo concello de Mos. Por causas que se están a investigar, dous coches bateron de fronte á altura do quilómetro 153.

Nun vehículo ían catro persoas que sufriron feridas leves pero precisaron atención médica no centro hospitalario de referencia. O condutor e único ocupante do outro turismo tivo que ser excarcerado e o seu estado é grave. Tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

O sinistro, ocorrido sobre as 7:30 horas, provocou importantes retencións na zona a primeira hora da mañá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade