Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre atropelado en Monforte un home de 82 anos

Morre atropelado en Monforte un home de 82 anos

O sinistro produciuse contra as 10:30 da mañá na rúa da Veiga

A vítima do accidente faleceu na ambulancia cando era trasladado ao Hospital Comarcal, situado nunha rúa próxima

G24.gal 09/04/2025 11:51 Última actualización 09/04/2025 14:05

Un home de 82 anos faleceu atropelado en Monforte de Lemos este mércores á mañá. O sinistro, segundo informa o 112 Galicia, produciuse contra ás 10:30, na rúa da Veiga, na proximidade da avenida de María Emilia Casas.

Foron varios particulares os alertaban o servizo de emerxencias do sucedido, entre eles o propio condutor do coche implicado no accidente. Unha ambulancia trasladouse ata o lugar para atender a vítima.

Non obstante, o home faleceu na propia ambulancia cando era trasladado ao Hospital Comarcal de Monforte, situado a moi pouca distancia da rúa en que se produciu o accidente.

A policía local confirmou que a vítima era veciño da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade