Publicador de contidos

Publicador de contidos

A procesión do Eccehomo pon fin á primeira xornada da Semana Santa de Ferrol

A procesión do Eccehomo pon fin á primeira xornada da Semana Santa de Ferrol

O bo tempo favoreceu un comezo multitudinario dunha festa declarada de Interese Turístico Internacional

O Venres Santo celebraranse dúas das procesións máis populares, o Santo Encontro e a dos Caladiños

Procesión do Ecce Homo en Ferrol
G24.gal 13/04/2025 20:55 Última actualización 13/04/2025 21:37

O bo tempo favoreceu un comezo multitudinario da Semana Santa de Ferrol. unha festa de máis de catro séculos de historia, declarada de Interese Turístico Internacional hai once anos.

Desde o Domingo de Ramos ao domingo de Resurrección, a cidade atrae cada ano milleiros de visitantes para presenciar algunha das 25 procesións que percorren as rúas recreando a paixón, a morte e a resurrección de Cristo. "As procesións de Ferrol son todas fermosas, temos que promocionar o que temos". " Hai moita xente, a ver se o tempo acompaña".


A xornada comezou entre palmas e música para celebrar a entrada de Xesús en Xerusalén coa procesión da Burriquiña. Unha algarabía que no serán deu paso á sobriedade da procesión do Eccehomo da confraría da Soidade. Son dous pasos coas figuras do Eccehomo, do século XVIII, e outra que representa a San Pedro. Reviven a tradicional lectura da paixón que se fai nas igrexas neste día, e as verbas coas que Pilatos presentou a Xesús ao pobo. "O trono do Eccehomo é o primeiro ano que o sacamos, é un trono que mercamos hai uns meses e van 60 portadores".
"A xente está ansiosa de procesións en Ferrol porque o martes ameaza chuvia e pensan que ao mellor non saímos, así que imos aproveitar hoxe."

A partir de agora, e se o tempo acompaña, en Ferrol sucederanse as procesións durante toda a semana pero haberá que agardar ata o Xoves e Venres Santo para ver algunhas das máis populares, como é a do santo encontro e a dos caladiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade