Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre as súas portas o Hotel Faro Silleiro en Baiona

Abre as súas portas o Hotel Faro Silleiro en Baiona

O presidente da Xunta participou na súa inauguración e destacou a importancia de recuperar infraestruturas emblemáticas para poñer en valor a costa 

Ofrece 17 cuartos a todos os que queiran gozar do litoral galego

O Goberno galego investiu máis de 570.000 euros na rehabilitación do faro
G24.gal 14/04/2025 20:55 Última actualización 14/04/2025 21:08

Ao abrigo do Camiño Portugués da Costa, o Faro Silleiro abre as súas portas reconvertido en hotel. Sen perder o seu uso orixinal, ofrece 17 cuartos a todos os que queiran gozar da costa galega.

Alfonso Rueda dixo que, ao asumir as competencias da xestión do litoral, a Xunta vai poder traballar na recuperación do patrimonio galego. 

"Primeiro imos crear riqueza e converter onde se poida o que agora son ruínas sen ningunha utilización en espazos que creen riqueza e emprego e que embelezan a costa dende o mar e dende terra", asegurou Rueda. 

O Goberno galego investiu máis de 570.000 euros na rehabilitación do faro. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade