Publicador de contidos

Publicador de contidos

TVG celebra o 40 aniversario con agasallos para os participantes na VIG-BAY nados en 1985

TVG celebra o 40 aniversario con agasallos para os participantes na VIG-BAY nados en 1985

A Galega instalou un posto na chegada da carreira, no parque da Palma de Baiona, para entregar os agasallos aos participantes que mostren o seu dorsal 

A TVG, a Radio Galega,  g24.gal  e agalegaaudio.gal e as súas redes sociais informarán do desenvolvemento deste medio maratón

O medio maratón Vigo Baiona cumpre 25 anos sendo o máis multitudinario ata a data

TVG entregando agasallos a todos os participantes na VIG-BAY nados en 1985
G24.gal 06/04/2025 12:07 Última actualización 06/04/2025 15:02

Televisión de Galicia segue a celebrar o seu 40 aniversario. Este domingo 6 de abril estao a facer na festa do atletismo galego, na VIG-BAY, o popular medio maratón que se disputa cada ano entre Vigo, Nigrán e Baiona.

Como as celebracións en boa compaña desfrútanse máis, a Televisión de Galicia quixo celebrar o seu aniversario cos participantes da  VIG-BAY que naceron en 1985. Para iso instalou un posto na chegada da carreira, no parque da Palma de Baiona.

Alí os compañeiros agardan polos corredores e a todos aqueles que mostren o seu dorsal e se comprobe que naceron en 1985, e que polo tanto este 2025 cumpren 40 anos, entréganlles un agasallo.

Coma cada ano, a TVG, a Radio Galega, g24.gal/  e agalegaaudio.gal e as súas redes sociais informarán do desenvolvemento deste medio maratón. 

A Radio Galega tamén estará en directo na carreira, coa narración do especialista Gonzalo Alonso, na meta de Baiona, e Anxo Suances desde o estudio do espazo deportivo Galicia en goles.

A TVG tamén atenderá, no tempo de Deportes, a proba que ten lugar entre a praia de Samil de Vigo e a vila de Baiona.

Para revisar esta información se non puideron seguila en directo sempre poden acudir ás nosas páxinas web g24.gal/  e agalegaaudio.gal 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade