O papa pasa unha noite tranquila o día en que fai 12 anos o seu Pontificado
Nos últimos días, a evolución clínica do pontífice foi favorable e permanece estable
A radiografía de tórax que se lle realizou nas última horas confirmou a súa evolución
.png)
O papa pasou de novo unha noite tranquila no Hospital Gemelli de Roma, segundo informou a Oficina de Prensa da Santa Sé, que tamén lanzou unha mensaxe felicitándoo polos seus 12 anos de Pontificado.
"Bo anivesario, papa Francisco", escribiu o Vaticano no seu perfil na rede social X. "Ese pobo cuxa bendición invocastes o 13 de marzo de 2013 e ao que prometestes un camiño común —«Bispo e pobo, xuntos»— continúa rezando por vós e por todos os que sofren", continúa o post da Santa Sé.
📌BUON ANNIVERSARIO #PAPAFRANCESCO
— Vatican News (@vaticannews_it) March 13, 2025
Quel popolo dal quale il 13 marzo del 2013 hai invocato la benedizione e al quale hai promesso un cammino comune: «Vescovo e popolo, insieme…», continua a pregare per te e per tutti coloro che soffrono. pic.twitter.com/XuGOJHj7FB
Nos últimos días, a evolución clínica do pontífice foi favorable e permanece estable. A radiografía de tórax que se lle realizou nas últimas horas confirmou a súa evolución, aínda que segue recibindo osixenoterapia de alto fluxo durante o día e ventilación non mecánica non invasora durante a noite.