Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Viveiro xa se aprecia ambiente pola Semana Santa

En Viveiro xa se aprecia ambiente pola Semana Santa

A ocupación hoteleira achégase xa ao oitenta por cento, pero confían en que os días festivos alcance o cen por cento, como ten sucedido outros anos

A ocupación hoteleira roza xa o 80 %
G24.gal 10/04/2025 20:40 Última actualización 10/04/2025 20:55

Xa se aprecia ambiente de Semana Santa en Viveiro, unha cita que todos os anos atrae moitos visitantes. Comenta a xerente do Centro Comercial Aberto de Viveiro, Isabel Méndez, que aínda que faltan días para as vacacións, "a xente alóngaas".

O detonante nesta ocasión é a Semana Santa, recoñecida de Interese Turístico Internacional desde 2013. O atractivo radica, di o vicepresidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa, José Luis Couceiro, en que se trata dunha celebración moi antiga "do século XIII" e que "é participativa".

A ocupación hoteleira roza xa o 80 %, e, segundo se aproximan os días festivos, aumenta. O tempo tamén é decisivo. Segundo se acheguen os días festivos "esperan acabar de encher", asegura a xefa de recepción dun establecemento de Viveiro, Sonia López.

Nesta época, a poboación de Viveiro case chega a multiplicarse por tres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade