Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT prevé máis de 2 millóns de desprazamentos en Galicia na Semana Santa

A DXT prevé máis de 2 millóns de desprazamentos en Galicia na Semana Santa

Prevense 15.840.000 desprazamentos por estrada en toda España, un 2,47 % máis respecto ao 2024

Tráfico intensifica os controis de alcol, drogas e velocidade en toda a rede viaria

Unha das vías galegas máis afectada por esta operación, a AP-9 Unha das vías galegas máis afectada por esta operación, a AP-9
G24.gal 11/04/2025 09:00 Última actualización 12/04/2025 11:20

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) puxo en marcha a operación especial de Tráfico de Semana Santa, que se desenvolverá ata a medianoite do 21 de abril, festivo en Cataluña, País Vasco, A Rioxa, Comunidade Valenciana e Navarra.

A DXT prevé 15.840.000 desprazamentos por estrada en toda España, que supoñen 2,47 % máis respecto ás cifras de movementos reais rexistrados na Semana Santa de 2024. Do total, máis de 2 millóns de desprazamentos produciranse en Galicia.

As vías galegas que a DXT prevé máis afectadas por esta operación son: AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Así o deu a coñecer o departamento que dirixe Pere Navarro, que concretou que a operación se desenvolve en dúas fases.

A primeira fase comezou este venres 11 ás 15:00 horas e finaliza na medianoite do domingo 13 de abril. Nesta fase están previstos 4.230.000 millóns de movementos por estrada.

Respecto á segunda fase, Tráfico destacou que é "máis importante" que a anterior polo volume de desprazamentos de vehículos ao longo de toda a rede viaria. Comezará a partir do mércores 16 e finalizará o luns 21 de abril.

A DXT prevé que na tarde do xoves 10 de abril comecen a producirse moitos desprazamentos vacacionais, "grazas ao teletraballo e a que o venres é día non lectivo en varias comunidades autónomas".

O domingo pecharase a primeira fase da operación especial co regreso dos que gozaron da fin de semana polo que haberá retencións pola tarde-noite (especialmente entre as 18 e as 22) nos accesos ás cidades.

Controis de alcol e drogas

Tráfico tamén advertiu de que os 5.600 axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán especialmente os controis de alcol e drogas, así como os de velocidade en todo tipo de vías "co obxectivo de evitar que se repitan as cifras de falecidos da pasada Semana Santa na que faleceron 27 persoas en 24 sinistros de tráfico".

Tamén vixiarán o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), xa que sete dos once falecidos en turismo e furgoneta en 2024 non levaba posto o cinto no momento do sinistro.

Doutra banda, avisou de que tras as intensas choivas que se produciron por toda a xeografía española durante as últimas semanas, existen tramos de estradas que se viron afectados e que están a ser reparados polos titulares da vía.

"Aínda que as obras paralícense durante estes días festivos, poida que existan estreitamentos de carrís ou tramos cortados que poden facer recomendable optar por itinerarios alternativos que eviten estes tramos nos que poden producirse máis retencións do habitual", explicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade