Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recomendacións para evitar dores e maniotas aos portadores

Recomendacións para evitar dores e maniotas aos portadores

Hai que quecer e traballar as pernas, o abdome, os ombreiros e repartir a carga

Se a dor ou as maniotas persisten por máis de tres días, o recomendable é acudir a un especialista

G24.gal 14/04/2025 14:18

As confrarías de Semana Santa xa están preparadas para levar as angarellas de todos os pasos. Móveas a devoción e a ilusión máis que a profesionalidade aínda que deben coordinarse e saber frear os pasos e no caso de Vigo tamén se queixan do que tiran as costas.

Os fisioterapeutas recomendan quentar antes, fortalecer as pernas, os ombreiros e mesmo o abdome e tamén repartir o peso.

Ilusionadísimos e liderados por Marcos Fragueiro recíbennos na Irmandade da Paixón de Vigo. Contan os minutos para saír en procesión. O de menos é a dor do día seguinte. Pepe mesmo quere levar un paso a ombreiros.

A dor e as maniotas non lles importan, nin lles quitan a ilusión, que tamén ten Celia Martínez a encargada de coidar as alfaias.

Ademais do peso en quilos senten tamén o peso da historia xa nesta confraría hai pasos de trescentos anos como o do Nazareno recuperado este ano que é articulado.

Os fisioterapeutas tamén din que no caso de que a dor e as maniotas duren máis de tres días cómpre ir a un especialista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade