Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primando a conservación do patrimonio, moitas confrarías readaptan as procesións

Primando a conservación do patrimonio, moitas confrarías readaptan as procesións

 Priorizan conservar as imaxes ante o risco de que poida chover

As imaxes e pezas que saen en procesión son dun valor único e, ás veces, irrecuperables se se mollaran

A chuvia, ademais de estragar os pasos, tamén aumenta o seu peso e complica o traslado para os portadores

G24.gal 15/04/2025 20:49 Última actualización 15/04/2025 21:01

As procesións da Semana Santa son unha oportunidade perfecta para admirar  o patrimonio cultural das cidades. As imaxes e os pasos que saen procesión son únicos e de gran valor.

Por iso é tan importante que se protexan en caso de chuvia, por exemplo.

Moitas confrarías teñen o que chaman protocolo da chuvia. A prioridade é a boa conservación das pezas. 

Horas antes das procesións, entre outras cousas, nas confrarías falan da chuvia e tratan de predicir se chegará ou non.

Se chega, van ter que cancelar  a procesión da Piedade que sae desde hai vinte anos da igrexa de San Francisco na Coruña. Se chove, o acto será dentro do templo, a cuberto. 

O patrimonio é moi valioso, pero, tamén, é capital garantir a seguridade dos portadores das imaxes nas procesións.

Uns pasos que, é habitual que haxa que retocar ao longo do ano para que estean a punto na Semana Santa.

A Carmen, tocoulle, entre outras pezas, restaurar nunha ocasión a imaxe da Borriquilla de Ferrol. Era escaiola.

Din nas confrarías que Semana Santa hai cada ano pero que as pezas son únicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade