Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro días despois da tromba de auga, en Lugo hai barrios que aínda non recuperaron a normalidade

Catro días despois da tromba de auga, en Lugo hai barrios que aínda non recuperaron a normalidade

É o caso da Campiña, os veciños seguen achicando auga e limpando, e algúns están sen calefacción

Perderon todo o que gardaban nos baixos das súas casas

G24.gal 15/04/2025 15:21 Última actualización 15/04/2025 16:37

Catro días achicando auga e limpando. E o que lles queda... Perderon todo o que gardaban nos baixos das súas casas... Non lles deu tempo a salvar nada.
 "A lavadora, a secadora, todos os electrodomésticos"; conta unha veciña. Outra asegura que hai  "Moitas perdas materiais e de moitos recordos".
Na parede pode verse ata onde chegou a auga, cubriu ata un metro e medio de altura. A Mónica estragáronselle as baterías e aparellos da instalacións de aerotermia.

Está sen auga quente nin calefacción, é non é a única, moitos gardaban as caldeiras nos garaxes. 
"Ai temos a bomba, as resistencias, e estragouse todo, tamén os limitadores das placas solares", explica unha veciña.
Carlos leva vivindo aquí 20 anos e nunca tal viu. Estes vídeos gravounos o día da tromba... as rúas eran ríos de auga e lama... así tiña a entrada do seu garaxe.
  "Veu primeiro unha ola rompeu os valados das leiras, e logo veu outra e asolagou todos os baixos; isto antes non pasaba foi desde que fixeron as obras no polígono de As Gándaras", explica Carlos Chousa, veciño da urbanización.

Quéixanse de que só os bombeiros foron mirar por eles. Reclaman solucións, din que quedaron con medo.

"Agora cada vez que caia auga estaremos sacando os coches, queremos tranquilidade e pedímoslle ao concello axuda para que non volva suceder"; di unha veciña.

Outro asegura que  "Viñeron bombeiros e os do lixo, pero do concello e a policía nada, nin preguntaron se necesitabamos algo se tiñamos luz ou auga".

Neste  barrio da Campiña a riada afectoulles unhas 30 casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade