Publicador de contidos

Publicador de contidos

345 axentes da Garda Civil de Trafico faleceron desde a creación da Agrupación

345 axentes da Garda Civil de Trafico faleceron desde a creación da Agrupación

É a unidade da Garda Civil con máis axentes falecidos en acto de servizo 

Máis de dez mil axentes despréganse nas estradas de toda España nas operacións especiais coma as de Semana Santa 

G24.gal 15/04/2025 15:00

A Garda Civil de Tráfico atesoura na súa sede central parte do equipamento que empregaron os axentes desde a fundación desta agrupación en 1959. Pero amais de coches, motos e outros obxectos de época, aquí gardan memoria tamén dos axentes que morreron no traballo

"As súas funcións realízanse en todas as vías de comunicación, agás nas zonas urbanas, por iso o seu risco é elevado", di Alicia Retamar, portavoz da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

As estatísticas confirman ese risco do que fala Retamar. Esta sección do corpo ten a cifra máis alta de falecidos de todas as áreas especializadas da Garda Civil. A maioría das baixas son por atropelos cando estaban realizando unha intervención nun sinistro ou nun control de estradas.

O outro gran factor de perigo é a propia moto. A segunda causa de morte dos axentes en servizo é por caídas do vehículo na calzada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade