Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lobo mata catro ovellas en Trazo a plena luz do día

O lobo mata catro ovellas en Trazo a plena luz do día

Dous cazadores gravárono cando regresaba ao monte

Matou catro das seis ovellas que rozaban unha leira de Chaián

G24.gal 15/04/2025 14:14

"Eran as seis da tarde viña co meu amigo por esta estrada de Trazo e, de súpeto, cruzou un lobo. Marchou cara ao monte, pero démolo gravado", di Álex Raña.

Este mozo cazador e o seu amigo non saían do seu asombro. Pola hora do día en que se cruzaron co lobo e tamén polo voluminoso que lles pareceu. Intrigados, decidiron inspeccionar a zona e pronto descubriron de onde viña o animal.

"Baixamos do coche a ver que pasara e xa vimos desde a estrada unha ovella morta na propiedade duns veciños, despois xa vimos toda a desfeita. Había catro ovellas mortas e dúas que logramos salvar e meter no alpendre, pero unha tamén está ferida nunha pata".

Sospeita que o lobo puido entrar por un lateral da propiedade, aproveitando que o peche non está preparado para disuadir a fauna salvaxe. Malia que si se teñen detectado ataques noutras parroquias máis gandeiras do concello, di Álex que nunca antes sucedera en Chaián.

"As ovellas levan 15 anos rozando esta propiedade e nunca pasou nada semellante. En Chaián non recordo ataques de lobo, pero si na parroquia de Viaño pequeno".

As superviventes agardan a salvo na corte, á espera de que se retiren os cadáveres do resto do rabaño. Temen que o lobo regrese pola carne que deixou no camiño, xa que matou catro ovellas, pero só logrou comer en dúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade