Publicador de contidos

Publicador de contidos

A colza tingue de amarelo os campos da Limia

A colza tingue de amarelo os campos da Limia

Unha vistosa imaxe que atrae a atención de veciños e condutores que pasan pola zona

Trátase dun cultivo con maior rendemento que o trigo porque produce máis e véndese máis cara

G24.gal 10/04/2025 14:29

A colza é un cultivo de recente incorporación na Limia. Non se xeneralizou ata hai cinco anos e chegou a conquistar unha superficie de máis de mil hectáreas que, chegado este tempo, tinguen de amarelo a chaira da Limia. 

Pertence á familia do nabo e da mostaza. Serve para facer penso e aceite e na Limia incorporárona para a rotación de cultivos. Resultou dar un maior rendemento que un cultivo histórico desta comarca, o trigo, xa que a colza produce o dobre e véndese máis cara.

Servando Álvarez Pousa, técnico do INORDE: "Houbo anos que se alcanzaron topes de prezo de ata sesenta céntimos o quilo, pero a día de hoxe, nas lonxas de Salamanca e Toledo, superan os corenta céntimos o quilo".

Pero este non está sendo un bo ano. Sementaron só cen hectáreas, a décima parte do que chegou a cultivarse. Non se puido botar máis pola chuvia do outono, que anegaron os terreos da antiga lagoa de Antela. Pero a que hai é de boa calidade.

"Hai moita flor, o que significa que vai haber moita produción, pero estamos unha vez máis a expensas das condicións climatolóxicas. A ver como se comporta a Semana Santa en canto a precipitacións", explica Servando Álvarez.

Tamén lles interesa aos agricultores porque osixena a terra coas súas poderosas raíces e os restos tras a colleita actúan como insecticida natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade