As chuvias manteñen os campos anegados, e xa afectaron á produción de millo e agora á de herba
Preocupación no sector agrario e gandeiro polo aspecto da terra, que continúa enchoupada e complicada para traballar
Os primeiros efectos xa se aprecian na recollida de millo que, nalgunhas parcelas da Terra Chá, reduciuse nun corenta por cento
Enchoupadas polas chuvias recentes e con boa parte da produción de millo sen recoller. Así é como están as parcelas nesta zona da Terra Chá, en Lugo. A produción deste ano é a máis cativa do que vai deste século.
A produción forraxeira reduciuse, pero o atraso na recollida do millo tamén afecta á herba, igualmente danada polas chuvias e enchentes dos ríos.
A redución de forraxe afecta aos gandeiros, que teñen que gastar en alimentación suplementaria para os animais, e tamén ás empresas de servizos, que, a pesar de dispór da maquinaria, non poden entrar nos terreos porque están anegados. Só confían en que non se os penalicen nas axudas da PAC por non poder realizar a rotación de cultivos.