Os mercados énchense de consumidores á procura de peixe
Nalgunhas casas segue viva a tradición relixiosa de manter a vixilia tamén este Venres Santo
Nesta véspera dos festivos da Semana Santa, os mercados énchense de consumidores.
"Estes días a xente consume peixe". "Queren peixes máis especiais, pero non os hai por mor do mal tempo no mar", explican os vendedores do mercado da praza de Lugo, na Coruña.
Hai peixes que escasean e mesmo outros que nin sequera hai. Con todo, os consumidores non marchan sen mercar. Nalgúns casos porque queren seguir a tradición relixiosa tamén o Venres Santo, marcado polo xaxún e a abstinencia de carne.
"Na miña casa, desde sempre se gardou vixilia", "a min dáme igual comer peixe ou carne", din dous consumidores.
En canto aos prezos: "Do que hai pouco vai carísimo", "pero a xente, malia que marcha, volve despois e merca".
E así, a Semana Santa, amais de tradicións, énchese tamén de sabor e calidade.