Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mercados galegos énchense de moitas variedades de peixe azul

Os mercados galegos énchense de moitas variedades de peixe azul

O bocarte está a ser o protagonista destes días

Os mariñeiros localizaron un banco á altura de Valdoviño e Ferrol

G24.gal 09/04/2025 13:42

O bocarte está a ser o protagonista nos mercados galegos.

"Os mariñeiros localizaron un banco de bocarte moi preto de aquí e andan todos os barcos a capturalo". "E hai que aproveitar que ten bo tamaño, entre 40 e 45 pezas no quilo", din os vendedores do mercado coruñés da praza de Lugo.

De gran tamaño, pero tamén cun sabor delicioso e a bo prezo.

"Ao haber cantidade está a moi bo prezo. Estámolo vendendo a 7,5 euros o quilo". "Aquí, na praza, entre sete e dez euros o quilo", engaden.

Pero, amais do bocarte, os mariñeiros están a capturar tamén xarda, xurelo e sardiña, que, malia que aínda non molla o pan, quen a probou di que están xa moi saborosas.

"Porque está prata e dache envexa, pero hai que fritila. Aínda non vale para facer na grella nin para asar. Non ten moita graxa, pero está rica", explican.

Unha ampla variedade pola que optan xa os consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade