O consumo de peixe descendeu a dezaoito quilos por persoa ao ano
É a cifra máis baixa desde que hai rexistros
As autoridades sanitarias recomendan comer entre tres ou catro racións semanais de peixe
Na última década, o consumo de peixe diminuíu ata un 30 %, os prezos subiron un 7 %
Comemos ao redor dun quilo e medio de peixe ao mes, a cifra máis baixa desde que se rexistran os datos. Preguntamos por que nun mercado da Coruña. Un cliente afirma que "a cousa está complicada; o peixe está moi caro". Unha das peixeira explica que o quilo de meigas vai a dezaseis euros e que iso "nunha casa de moita xente non chega a nada".
Na última década, o consumo de peixe diminuíu ata un 30 %, os prezos subiron un 7 %. En Galicia, a gran variedade de especies que chegan aos mercados xoga a favor dos que non queren renunciar a levar á mesa produtos do mar de calidade. O peixe é unha fonte de proteínas con alto valor biolóxico e de vitaminas do grupo B. Unha compradora habitual da praza de abastos prefire investir en alimentación porque "é investir en saúde e aquí hai calidade". "Eu hoxe levo cinco quilos. Estou tratando de compensar", comenta outro cliente.
Moitos cren que animaría o consumo reducir ou mesmo suprimir o IVE, actualmente do 10 %.