Cargando resultados...
O aceite de oliva non baixa para o consumidor, malia a caída do seu prezo en orixe
As asociacións de consumidores piden que se investigue por que esa baixada non se repercute no prezo final que paga o consumidor
G24.gal
07/02/2025 14:12
O prezo do aceite de oliva foi nos últimos anos unha das maiores preocupacións tanto para os produtores coma para os consumidores.
Nos últimos meses, o prezo en orixe caeu case á metade, pero isto de momento aínda non chegou á cesta da compra. As asociacións de consumidores piden que se investigue por que sucede isto. Din que se os prezos se estabilizan, isto podería traducirse tamén nunha maior accesibilidade á hora de encher a cesta da compra