Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cruceiro universitario amarra na Coruña durante cinco días

Un cruceiro universitario amarra na Coruña durante cinco días

A bordo do World Odissey viaxan 180 tripulantes e preto de 700 pasaxeiros

O barco está dando a volta ao mundo

G24.gal 12/04/2025 21:06

Un cruceiro universitario que está dando a volta ao mundo arribou o mércores á Coruña con case setecentos pasaxeiros a bordo.  A coruñesa é a novena e penúltima parada na travesía do World Odyssey, que partiu en xaneiro de Bangkok e xa recalou en portos de Vietnam, Malaisia, A India, Kenya, Suráfrica, Ghana e Marrocos.

O barco navega cunha tripulación formada por 180 persoas e cunha pasaxe de preto de setecentos alumnos e profesores, que xa puideron visitar a cidade. Os cruceiros adoitan permanecer na Coruña unicamente unhas horas. Este estará amarrado no porto coruñés cinco días, unha estancia prolongada moi beneficiosa para o comercio e a hostalería.  Calcúlase que o impacto económico da súa visita alcanzará os cen mil euros.

Este ano farán escala na cidade herculina 180 cruceiros, unha nova marca histórica. Mañá o barco universitario porá rumbo a Alemaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade