Contido coa etiqueta consumo .

Contido coa etiqueta consumo .

Consumo

Aumenta a demanda das pitahayas, mangos e plátanos machos nas froiterías

29/03/2025 14:18

A poboación migrante demanda produtos habituais nos seus países para as súas receitas tradicionais

A influencia das redes sociais leva os consumidores a pedir froitas exóticas para probar


Descontos de ata o 30% para os maiores co CARNÉ+65 da Xunta

28/03/2025 17:28

Hoteis, centros de saúde e numerosos establecementos comerciais están adheridos ao programa

Categorías:  Sociedade   Galicia

O ministro de Economía Carlos Cuerpo, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado (Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)

O PIB creceu un 3,2 % en 2024, cinco décimas máis que en 2023, impulsado polo consumo e o investimento

26/03/2025 09:36

A economía española creceu un 3,4 % interanual no cuarto trimestre e un 0,8 % entre outubro e decembro de 2024

España mantén un crecemento equilibrado, sostible e robusto, capaz de seguir xerando emprego de calidade e mellorando o poder adquisitivo das familias, o cal é especialmente relevante no contexto de incerteza internacional, segundo o ministro de Economía


Preparan nun restaurante un envase para levar o sobrante dun menú

Empresas produtoras, distribuidoras e hostalería, obrigadas a cumprir a lei contra os desperdicios alimentarios

23/03/2025 19:49

Bares e restaurantes deben ofrecer aos clientes a posibilidade de levar o que non consuman nos locais

España produce 1.300 millóns de toneladas anuais de refugallos orgánicos, o 40 por cento provén dos fogares


Varias asociacións de Quiroga demandan que se acondicione o complexo de Augas Mestas

23/03/2025 17:39

As instalacións contan con embarcadoiro, varias casiñas para turismo, cafetería e piscina, pero apenas estiveron uns anos en funcionamento e desde 2006 non se utilizaron nunca 

 


Pontevedra, a aposta por unha cidade que busca o turismo cultural e deportivo

22/03/2025 22:11

Desde o Concello priorizan a desestacionalización do turismo con eventos programados ao longo do ano

As actividades deportivas e culturais atraen o turismo familiar e de xente nova 


O sector económico relacionado coas mascotas medra de xeito constante

22/03/2025 20:53

Oito de cada dez propietarios consideran a súa mascota un membro máis da familia

Os negocios de coidado e atención aos animais, como os de peiteado están en alza


Sanxenxo, unha das xoias do turismo das Rías Baixas que ofrece máis de 30.000 prazas hoteleiras, está tendo problemas para atopar persoal

Os hoteis das Rías Baixas teñen moitos problemas para contratar traballadores que reforcen os seus cadros de persoal

22/03/2025 15:07

A falta de persoal responde a varios factores, o máis determinante a falta de remuda xeracional apoiada nunha pirámide de poboación con máis vellos ca novos.

Ao contrataren traballadores de fóra estes necesitan un aloxamento que teña un prezo acorde co seu soldo, misión imposible en zonas turisticamente tensionadas como as Rías Baixas.


O abastecemento de ovos en Galicia "está garantido"

22/03/2025 14:09

A carencia de ovos nos Estados Unidos fai que este produto encareza en España


Recibimos un bombardeo de notificacións

Adictos ás notificacións do móbil

14/03/2025 15:18

Consultámolas unhas 58 veces cada hora antes de deitarnos, e isto afecta á calidade do sono


Gabriel Luengas / Europa Press

Consumo obrigará as empresas a detallaren os algoritmos da publicidade personalizada

14/03/2025 12:18

"Trátase de impedir que se asuman como válidas prácticas que buscan obter un beneficio económico espurio e que se violenten os dereitos das persoas consumidoras", resaltou o ministro


Interior dun veleiro que se oferta como aloxamento para turistas

Medra a oferta de barcos como vivendas turísticas no porto de Vigo

09/03/2025 21:19

Media ducia de casas flotantes están amarradas na dársena da Laxe, no peirao do Náutico 

Tarifas desde 65 ata 100 euros por persoa e noite, segundo sexa tempada baixa ou alta


Unhas sete horas lles leva facer cada fornada de pan de Cea.

As mulleres conservaron e agora manteñen a receita tradicional do pan de Cea

08/03/2025 15:22

As panadeiras do concello ourensán de San Cristovo de Cea están orgullosas de manter co seu esforzo a tradición dun pan que levan elaborando desde o século XIII, o único con indicación xeográfica protexida 

É un oficio que foi pasando de avoas a netas, algunhas xa van pola sétima xeración

Elas son un exemplo da loita pola igualdade das mulleres no traballo


O consumo de peixe descendeu a dezaoito quilos por persoa ao ano

08/03/2025 13:37

É a cifra máis baixa desde que hai rexistros

As autoridades sanitarias recomendan comer entre tres ou catro racións semanais de peixe


Arquivo

Consumo ameaza con sancionar empresas de alugueiro turístico por publicidade enganosa

20/02/2025 09:12

O Ministerio constatou que hai empresas que se fan pasar por particulares para alugar os seus aloxamentos turísticos

As multas, por infracción grave, poderían chegar ata os 100.000 euros


O aceite de oliva non baixa para o consumidor, malia a caída do seu prezo en orixe

07/02/2025 14:12

As asociacións de consumidores piden que se investigue por que esa baixada non se repercute no prezo final que paga o consumidor


O pan é un dos produtos máis consumidos a diario

Soben os gastos do día a día coa volta ao IVE anterior de moitos produtos básicos

31/01/2025 14:26

Na compra diaria é onde máis se notou que empezamos un novo ano

A suba nótase en produtos como pan, café, froitas, verduras e tabaco, algúns dos produtos máis consumidos a diario


A borrasca Herminia fai que comece a escasear o peixe de litoral nos mercados

28/01/2025 13:19

Comezan a subir os prezos pola escaseza de produto por mor do amarre da frota costeira

Categorías:  Mar   Sociedade   Galicia

O consumo de bebidas azucradas asóciase ao 10 % de novos casos de diabetes tipo 2

11/01/2025 14:28

Un estudo publicado na revista Nature atribúelle arredor de 340.000 mortes anuais

Categorías:  Sociedade   España
Etiquetas:  CONSUMO   DIABETES

Tomar 3 ou 4 cafés cada mañá reduce nun 16 % o risco de morte

O café, só pola mañás

10/01/2025 14:02

Tomar 3 ou 4 cafés matutinos reduce o risco de accidentes cardiovasculares

En España tomamos unhas 500 cuncas de café por persoa cada ano
 

Etiquetas:  CONSUMO   CAFÉ

Comezan as rebaixas de inverno nas tendas físicas

07/01/2025 14:53

Algúns comercios adiantáronos, pero hoxe arrincan oficialmente en todas as marcas

Os galegos, os que menos gastamos nas rebaixas, con 85 euros de media

 


Dos feitos na casa aos de última tecnoloxía, os xoguetes foron cambiando cos tempos

03/01/2025 21:17

A cantidade e a diversidade que atopamos hoxe era inimaxinable hai unhas décadas

O reto e o debate seguen estando na maneira de estimular a imaxinación


Viaxar en fin de ano é unha tendencia que gaña terreo entre os galegos

28/12/2024 14:52

O sol e a neve compiten como destinos máis solicitados entre os que decidiron recibir o 2025 lonxe da casa

Os paquetes vacacionais de Nadal son  un dez por cento máis caros este ano


Domingo de compras e turismo de luces no centro de Vigo dous días antes da Noiteboa

22/12/2024 21:08

Os compradores de última hora enchen o centro iluminado de Vigo e súmanse aos turistas das luces e aos vigueses da diáspora que xa están de volta na casa


Arteixo celebra a súa XXXII Feira do Galo

21/12/2024 14:16

O mercado celébrase tradicionalmente o último sábado antes da Noiteboa



Foto de arquivo (Europa Press/ Friso Gentsch)

Consumo abre expediente sancionador a Airbnb por non retirar anuncios "ilícitos" da súa páxina

18/12/2024 15:07

As prácticas poden chegar a calificarse como infraccións graves, con multas de ata 100.000 euros

Pablo Bustinduy: "Hai que asegurar que ningunha empresa, por grande ou poderosa que sexa, estea por encima da lei"


As administracións de lotaría do centro de Vigo venden máis co turismo das luces de Nadal

15/12/2024 15:07

As administracións de lotaría galegas apuran as vendas sete días antes de se celebrar o Sorteo Extraordinario de Nadal, que reparte máis de 2.700 millóns de euros

Dende que os turistas das luces invaden a cidade as vendas de décimos de lotería para o Sorteo Extraordinario de Nadal non deixan de medrar  


As reservas pantasma asexan os albergues

15/12/2024 13:55

A creación dunha plataforma e o cobro anticipado axudan a paliar o problema


Carmelamola abre tenda física na Coruña

14/12/2024 19:48

Carmen Álvarez, de 23 anos, empezou a facer bixutería para mellorar a súa destreza manual

Os xes do seu logotipo simbolizan os tres cromosomas que teñen as persoas con síndrome de Down

Etiquetas:  CONSUMO

Temor polos roubos nos comercios durante o Nadal

05/12/2024 14:39

A Policía Nacional de Vigo informa os comerciantes para evitar os furtos 


Os prezos do peixe e do marisco xa subiron

30/11/2024 14:37

Estamos no momento idóneo de mercar e conxelar se non queremos pagar de máis


As rúas de Vigo énchense na primeira fin de semana tras o acendemento das luces

23/11/2024 21:09

O alumado do Nadal sobrevoa 420 rúas da cidade


Descontos de ata o 50% nas primeiras compras do Black Friday

23/11/2024 14:29

Xa hai descontos de entre un 10 % e un 50 %, aínda que o groso das vendas físicas comezarán o vindeiro venres


Arquivo Europa Press

Consumo sanciona con 179 millóns de euros cinco aeroliñas por prácticas abusivas

22/11/2024 08:22

Bustinduy di que "ningunha compañía está por encima da lei"

A sanción máis elevada é para Ryanair, case 108 millóns de euros por cobrar pola equipaxe de man e pola reserva de asentos para acompañar dependentes e menores

As compañías anuncian recurso e a OCU aplaude a multa


Dous de cada tres ciberdelitos bancarios que chegan aos tribunais acaban sendo considerados neglixencia da vítima

21/11/2024 13:25

Os estafadores aproveitan as fugas e filtracións de datos ao mercado negro

Os representantes dos consumidores piden melloras lexislativas 



Algúns dos clásicos expostos na empresa especializada de Melide

Matricular un coche clásico: máis fácil e barato coa nova lei

12/11/2024 21:10

En Galicia poden aflorar arredor de 7.000 coches de máis de 30 anos

O 20 % dos turismos galegos ten máis de 70 anos, coa provincia de Ourense cos máis antigos de España, cunha media de 17


Cada galego consome menos de 100 gramos de cabrito ao ano

12/11/2024 20:05

Os gandeiros queren reverter esta situación destacando a salubridade da carne

A comercialización é o meirande problema do sector e buscan profesionalizala

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  CONSUMO

XXV Gastronomic Forum Barcelona

Máis de 20 empresas con produtos galegos nunha feira gastronómica de Barcelona

04/11/2024 16:32

A Xunta conta co seu propio expositor para promover o produto local no Gastronomic Forum Barcelona

No evento participan 130 chefs, entre os que se atopan os galegos Lucía Freitas e Brais Piche

Publicidade
Publicidade