Publicador de contidos
Publicador de contidos

O café, só pola mañás

O café, só pola mañás

Tomar 3 ou 4 cafés matutinos reduce o risco de accidentes cardiovasculares

En España tomamos unhas 500 cuncas de café por persoa cada ano
 

Tomar 3 ou 4 cafés cada mañá reduce nun 16 % o risco de morte
G24.gal 10/01/2025 14:02

A hora do día importa, e moito, á hora de tomar café. Só é bo durante as mañás.

 "É unha cousa a saber a maiores, que se pode tomar con confianza".

 "Tomarei dúas entón pola mañá para compensar", comentan dúas mulleres.

Dúas, tres ou incluso catro se queremos que faga efecto. Ese é o resultado dun estudo realizado por unha Universidade dos Estados Unidos que conclúe, despois de 10 anos de investigación, que o café é beneficioso para reducir o risco de accidentes cardiovasculares e enfermidades neurodexenerativas se o tomamos pola mañá.

 "Eu do corazón estou ben, pero non sei se é polo café ou por outras circunstancias", apunta un señor.

"A cafeína, ao ser unha droga que te excita, fai que o corazón teña un bo funcionamento", di outro.

Durante o resto do día eses beneficios son inexistentes e consumilo de noite pode alterar os ritmos circadianos e, por consecuencia, a calidade do sono.

 "Pois eu o das cinco da tarde vou seguir tomándoo, dáme igual".

 "Eu podo tomar un café ás doce da noite que durmo ás doce e cinco minutos perfectamente".

 "Para min é unha vitamina o café".

 "Fai que o día vaia recto", explican os máis cafeteiros.

Segundo este estudo, tomar café pola mañá, tanto ten que sexa descafeinado ou non, reduce nun 16 % o risco de mortalidade.

"De feito, mira, meu pai morreu de cancro de colon e eu recordo que unha das cousas que dicían é que tomar dous ou tres cafés axudaba para o tema da microbiota. Eu non sei se hoxe está demostrado ou non, porque cada día sae un estudo e un contraestudo, pero supoño que terá os seus pros e os seus contras coma todo", conta un home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade