Comezan as rebaixas de inverno nas tendas físicas
Comezan as rebaixas de inverno nas tendas físicas
Algúns comercios adiantáronos, pero hoxe arrincan oficialmente en todas as marcas
Os galegos, os que menos gastamos nas rebaixas, con 85 euros de media
Este martes chegan as rebaixas de inverno nas tendas físicas e, malia que nos últimos tempos o comercio online gañou peso e os descontos se estenden ao longo do ano, aínda hai quen madruga para non quedar sen a peza desexada.
A roupa e o calzado son os produtos máis buscados, inda que tamén medrou o interese pola menaxe de fogar. Nalgúns escaparates vemos que os saldos comezan fortes e noutros o prezo reducirase de xeito progresivo, sen perder de vista o prezo anterior ao desconto.
Non se pode dicir que as rebaixas estean de moda, pero seguen tendo bastante tirón, a xulgar polo ambiente que había nalgunhas tendas desde primeira hora da mañá.