Comezan as rebaixas de inverno, logo de que xa se aplicaran nas páxinas web
Comezan as rebaixas de inverno, logo de que xa se aplicaran nas páxinas web
Algúns negocios mesmo adiantaron os carteis hai uns días
A media de gasto en Galicia é a máis baixa de España: 85 euros
Acaban de pasar os Reis Magos e algúns regalos aínda están sen estrear, pero as compras non paran. Agora chegan as rebaixas. Nalgúns establecementos xa comezaron hai uns días. Hai que ir preparados.
Ata hai trece anos as rebaixas de inverno comezaban xusto despois dos Reis Magos, pero agora están desestacionalizadas. Son sobre todo os negocios de roupa e de calzado os máis frecuentados para buscar bicocas.
Os galegos, segundo as enquisas, somos os que menos gastamos de toda España nas rebaixas: dedicamos unha media de 85 euros por cabeza, o que supón un tres por cento máis que o ano pasado.
As rebaixas a través da web xa comezaron esta tarde nos negocios de Inditex, El Corte Inglés ou Mango. Nas tendas físicas comezan mañá. Se aínda lles quedan ganas de comprar e queren aproveitar os descontos, están de sorte. As rebaixas de inverno non fan máis que comezar.