Publicador de contidos
Publicador de contidos

Operación retorno do Nadal

Operación retorno do Nadal

Nos aeroportos, o de Reis é un dos días de maior tráfico aéreo

Circulación sen incidencias importantes na rede viaria de Galicia

G24.gal 06/01/2025 20:50 Última actualización 06/01/2025 21:01

AENA operou este día de Reis máis de cinco mil voos. A maioría, son para facilitar o retorno dos que viaxaron no Nadal.

Nos aeroportos, moitos nenos. Vímolos no colo, subidos nas maletas e ata abrindo agasallos. A maioría despedíanse dos avós, para regresar aos lugares onde viven e traballan os pais. Aínda que tamén atopamos algún que comezaba vacacións.
É un día despedidas. Tamén para moitos mariñeiros, que soben ao avión para coller despois un pesqueiro onde embarcar durante meses.

Operación retorno por estrada

E por estrada, a operación retorno transcorre sen maiores incidencias. Durante o día houbo pequenos problemas de circulación en estradas secundarias de Pantón e Carballedo, en Lugo, ou nas de Camariñas e Oroso, na Coruña. Polo demais, o tempo axudou nestas horas para que a condución fose máis doada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos