Fin do Nadal e volta á rutina
Fin do Nadal e volta á rutina
Algúns celebran a volta á normalidade tras os excesos destas datas
Para outros remata a época máis entrañable do ano
Tras dúas semanas de festas, celebracións, compras e reencontros, os máis apegados ao Nadal apuran os últimos minutos nunhas rúas vestidas aínda para a ocasión.
"Unha etapa bonita, o Nadal, Aninovo, os Reis..., e agora triste porque hai que volver traballar, a rutina...". "Un pouco triste porque a miña familia marcha para outros países pero, polo demais, feliz". "Pasámolo xenial. Agora os nenos ao cole e nós a traballar", comentan varias persoas.
Toca cambiar o chip e retomar as rutinas, algo que tamén se agradece tras os inevitables excesos do Nadal.
"Con gañas de acaben porque en Galicia abusamos moito da comida". "Moitas enchentes, moita festa, moito descontrol..., e volvemos a casa, ás rutinas, que sempre veñen ben". "Un alivio, porque é moito traballo nas casas, facer o xantar, organizar a familia...", sinalan outras.
Aos máis cativos aínda lles queda un día antes de volveren cargar coas mochilas.
"Para ver os meus amigos, para xogar, estudar, aprender...". "Paréceme ben volver á rutina, pero non quero volver ás clases, que vou ter moitos exames. E a traballar tampouco!", din dous estudantes.
E para que o ánimo non decaia, hai que ir programando a próxima festa.
"Despois desta época, outra virá... O Entroido... Hai que pensar na seguinte, xa", conclúe unha moza.