250 galegos residentes no exterior retornaron este curso co progama de bolsas BEME da Xunta
250 galegos residentes no exterior retornaron este curso co progama de bolsas BEME da Xunta
As bolsas BEME da Xunta para a mocidade galega no exterior aumentan o seu orzamento para 2025
Cada universitario recibe de entre 8.000 e 12.500 euros este curso
Douscentos cincuenta galegos residentes no exterior retornaron para cursar estudos, en máis de 80 titulacións universitarias, aquí. Son os beneficiarios das bolsas excelencia mocidade exterior da Xunta.
Este sábado, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dábanlles a benvida aos estudantes con este acto en Oroso.
Os universitarios, reciben entre 8.000 e 12.500 euros para os gastos de matrícula, viaxe e aloxamento en Galicia.
José González adiantou que este programa de bolsas BEME, impulsado para atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade universitaria que está fóra, contará cun orzamento de 2,7 millóns de euros en 2025. Dixo tamén que se incorporan á oferta os estudos de grao.