Publicador de contidos
Publicador de contidos

200 galegos e galegas no exilio volven a Galicia

200 galegos e galegas no exilio volven a Galicia

Todos eles forman parte do programa Reencontros con Galicia, promovido pola Xunta para facilitar o contacto coa súa terra e coas súas familias

Estarán na nosa comunidade arredor de quince días, un tempo en que coñecerán de primeira man o patrimonio cultural e natural do noso país

G24.gal 10/10/2024 14:49

Moitos destes emigrantres galegos volvían este xoves ao lugar onde hai anos partían coas súas familias rumbo ao exilio.

Foi o caso de Blandina. Marchou cara a Bos Aires con quince anos en plena secundaria. Lembra o seu mestre, Otero Pedrayo e os motivos da súa marcha acompañada dos seus pais e do seu irmán.

Para moitos é a súa primeira vez en Galicia. José Manuel marchou á Arxentina con catro anos. Foron reclamados por unha avoa materna tras a Guerra Civil. A pesar da súa pouca idade ten moitos recordos.

Entre 1920 e 1933 a emigración galega supuxo máis do 50 % da do estado español. Os que quedaron teñen alí conformada a súa vida. Con todo, Galicia tira mesmo con chuvia.

Volven a unha Galicia moito mellor da que deixaron. Pero desta volta sen despedidas, só con reencontros moi agardados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade