Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Santiago por exhibicionismo nun autobús urbano

Detido un home en Santiago por exhibicionismo nun autobús urbano

Segundo a denunciante mostrou os xenitais e realizou actos obscenos moi preto da súa filla menor de idade

G24.gal 22/10/2024 17:50

Un home foi detido este luns en Santiago de Compostela despois de protagonizar un altercado nun autobús urbano, onde, segundo o relato dunha muller que viaxaba no mesmo, mostrou os xenitais e realizou actos obscenos.

O autobús atopábase nunha parada regulamentaria na Praza de Galicia cando sucederon os feitos. Ao decatarse do que estaba a suceder, foi o condutor do vehículo o que deu aviso á Policía, que compareceu no lugar e detivo ao home.

Polo menos unha muller denunciou os feitos ante a Policía dado que estes feitos obscenos, segundo a súa propia versión, ocorreron á beira da súa filla menor de idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar