Os afectados pola dina intentan recuperar documentos básicos para a vida cotiá
Os afectados pola dina intentan recuperar documentos básicos para a vida cotiá
DNI, títulos de propiedade, certificados de empadroamento ou contratos de consumo precísanse para facer xestións de todo tipo
Entre as perdas materiais que deixa esta dina están moitos documentos. Nas notarías, coma a de Paiporta, están implicados en que os veciños poidan acreditar a propiedade para pedir axudar ou reclamar danos.
O seu titular, Javier Monforte conta que "títulos de propiedade para persoas que están solicitando axudas dámolos de balde. E as actas de fotos para as reclamación de fotos tamén. Pero o colexio notarial organizou un sistema de actas telemáticas que está funcionando moi ben".
Porque o importante agora é que poidan ir recuperando a súa vida cotiá. E para iso necesitan documentos básicos que dan por perdidos. Desde o empadroamento ata o contrato do gas ou da luz ata a cartilla da Seguridade Social ou o libro de familia.
Esencial tamén os DNI perdidos entre o lodo, que se están recuperando nas oficinas itinerantes da Policía Nacional.