Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montan un 'tren de estradas' en Paiporta para licuar o lodo de sumidoiros e evitar verteduras

Montan un 'tren de estradas' en Paiporta para licuar o lodo de sumidoiros e evitar verteduras

A lama semella cemento na zona cero da dina, onde baixos, rúas e garaxes aínda agardan a limpeza

Mantense a cifra de 221 vítimas mortais e os desaparecidos baixan de sete a cinco

G24.gal 22/11/2024 14:53

O lodo segue sendo o grande inimigo a combater na zona cero da dina. Na rede de sumidoiros, nas rúas e nos baixos. Só en seis dos municipios afectados hai máis de 400 garaxes que seguen á espera de limpeza, con coches no interior. 

En Paiporta céntranse na rede principal de sumidoiros, onde o lodo semella cemento. Licualo é un labor titánico. Estase facendo con 25 camións-cuba no que chaman un tren de estradas. Sitúan un detrás doutro e coa auga van desfacendo e empurrando a lama ata o barranco. É un traballo coordinado en que participa a UME e os bombeiros.

Logo irán por barrios para evitar verteduras en rúas e baixos que fan que aínda haxa moito de provisional, coma as oficinas de seguros.

Moitos afectados agardan peritaxes para poder ir recuperando parte do que lles levou a dina.

A cifra total de vítimas mortais rexistrada por mor da dina e as inundacións que afectaron á provincia de Valencia o pasado 29 de outubro mantense en 221, todas xa con autopsia e plenamente identificadas, mentres que o número de expedientes por denuncias de desaparición que están activos baixou de sete a cinco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade