Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan en Paiporta persoas chegadas de Galicia e outras zonas do norte para saquear coches danados pola DINA

Detectan en Paiporta persoas chegadas de Galicia e outras zonas do norte para saquear coches danados pola DINA

Patrullas da Policía Local de Vigo participan nas tarefas de recuperación

"Pola xente que estamos identificando observamos que vén xente de Santander, Galicia, Asturias. Son persoas que veñen facer actos de saqueo. Son persoas que se dedican á ferralla", contan

Aumentan a 221 as vítimas mortais da DINA, que deixa ainda 7 desaparecidos

G24.gal 21/11/2024 19:48

Desde principios de semana varias patrullas da Policía local de Vigo participan nas tarefas de recuperación. Colaboran cos axentes de Paiporta principalmente na regulación do tráfico e seguridade viaria.

"Estamos cortando a vía para que os voluntarios poidanrealizar o seu traballo e a deixen totamente limpa. As rúas estanse a recuperar pouco a pouco", din.

Tamén desenvolven traballos de control e vixilancia. Aseguran que os saqueos, que se veñen rexistrando desde o inicio da catástrofe, continúan a día de hoxe. Os coches afectados pola DINA son agora o obxectivo destes roubos.

"O que máis lles interesa para roubar son llantas, neumáticos, retrovisores. Son elementos aos que a auga lles afectou menos", contan.

Ao igual que o resto de corpos e forzas de seguridade do Estado despregados na zona, os policías galegos están a constatar que quen está a protagonizar os actos de pillaxe son persoas que chegan doutros puntos de España.

.

" Pola xente que estamos identificando observamos que vén xente do norte de España: Santander, Galicia, Asturias. Son persoas que veñen facer actos de saqueo. Son persoas que se dedican á ferralla. Algún ten a decencia e preguntarnos se pode recoller chatarra. Entón preguntamos e comprobamos a matrícula e observamos que non son de aquí da zona".

Ata o próximo martes, data prevista para o seu regreso a Vigo, seguirán botando un man, contribuíndo a facer de Paiporta un lugar máis seguro.

221 vítimas e 7 desaparecidos

A cifra total de vítimas mortais rexistrada por mor da dina e as inundacións que afectaron á provincia de Valencia o pasado 29 de outubro aumentou a 221, tras a recuperación do corpo sen vida dunha muller no barrio de La Torre, na cidade de València. Pola súa banda, o número de expedientes por denuncias de desaparición que están activos baixou de oito a sete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade