Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Caetano deixa refachos de 133,5 km/h e chuvias acumuladas de 62 l/m2

A borrasca Caetano deixa refachos de 133,5 km/h e chuvias acumuladas de 62 l/m2

A xornada do venres prevese máis tranquila, sen precipitacións e con pouco vento

Imaxe das ondas rompendo nas rochas / En directo: Muxía Imaxe das ondas rompendo nas rochas / En directo: Muxía
G24.gal 21/11/2024 19:30 Última actualización 21/11/2024 21:02

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela en Galicia, deixou ventos de 133,5 quilómetros por hora en Penedo do Galo, no concello de Viveiro, así como choivas acumuladas de 62 litros por metro cadrado en Abadín.

Segundo informa Meteogalicia, pola tarde o vento foi amainando, pero a choiva caeu con persistencia nas provincias da Coruña e Lugo, onde houbo que manter o aviso amarelo por acumulación de auga.

Pola súa banda, en Punta Candieira, en Cedeira, tamén se superaron os 100 quilómetros por hora (113,1 km/h). Mentres, en Monfero rexistráronse preto de 60 litros por metro cadrado acumulados.

Con todo, para a xornada do venres prevese un día moi diferente, xa que será seco e con pouco vento, segundo a previsión Meteogalicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade