Rueda convida investidores do Brasil a asentarse en Galicia, "porta de acceso directo" ao mercado ibérico e europeo

Rueda valorou que O Brasil é un "mercado estratéxico", ao ser o país máis grande de América do Sur, cunha poboación de máis de 200 millóns de persoas e unha das economías máis importantes do mundo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por intensificar a presenza de empresas galegas no Brasil e convidou posibles investidores do país suramericano a implantarse en Galicia.
Segundo informou a Xunta, así o sinalou este xoves nun encontro en São Paulo con representantes e institucións españolas, galegas e brasileiras.
Alí valorou que O Brasil é un "mercado estratéxico", ao ser o país máis grande de América do Sur, cunha poboación de máis de 200 millóns de persoas e unha das economías máis importantes do mundo.
Durante a súa intervención, Rueda enxalzou a situación geografica privilexiada de Galicia, que supón unha "porta de acceso directo" ao mercado ibérico e, por extensión, ao resto do continente europeo, así como a súa ampla dispoñibilidade de enerxía renovable e a súa estabilidade.