Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca Bert impacta con forza en Galicia con máis de 200 incidencias polo vento, e avisos por choivas

A borrasca Bert impacta con forza en Galicia con máis de 200 incidencias polo vento, e avisos por choivas

Xa se rexistraron ventos de 159 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras

O vento tira moitas árbores, cables, carteis e mobiliario urbano

Avisos laranxa por chuvia no litoral da Coruña e Pontevedra e por vento na MAriña e nas montañas de Ourense

Desde as 18 horas e ata a medianoite poden acumularse precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado, e de 20 litros nunha hora

directo Web cam de CRTVG en Ferrol
G24.gal 24/11/2024 16:09 Última actualización 24/11/2024 17:01

A borrasca Bert está a deixarse sentir con ventos intensos e meso supera as expectativas que xerou un ciclón extratropical cunha presión tan baixa, nalgúns momentos ata os 934 milibares, que serían cifras propias dun gran furacán.

Os ventos do sur sopran con tanto forzas que este domingo xa se alcanzaron rexistros de 159 quilómetros por hora en Carballaeda de Valdeorras ou de máis de 150 na estación de MeteoGalicia na Gándara, en Vimianzo. En toda a costa xa se superou a barreira dos 100 quilómetros por hora.

Son múltiples as incidencias que rexistra Emerxencias de Galicia-112, sobre todo coa caída de árbores por toda Galicia.

O 112 Galicia contabiliza xa este domingo un total de 213 incidencias provocadas polo vento, unha xornada na que a comunidade tamén está en avisos laranxa ou amarelos por choivas. Así, as principais intervencións do persoal de emerxencias estivo relacionada coa retirada de árbores caídas nas vías, cables que se desprenderon, postes, carteis e sinais de tráfico. Todo iso derivado dus refachos de vento, de máis de 150 quilómetros por hora en puntos da comunidade, que provocaron o movemento de mobiliario urbano como colectores de lixo e semáforos rotos.

Concretamente, foron 68 as intervencións relacionadas coa caída de árbores e ramas, (23) de cables e postes. A continuación, sitúanse as accións para evitar rochas por obxectos que están inestables (52), mobiliario urbano desprazado (33), derrubes de parte de estruturas (10) e desprendementos de terra e pedras (6). Por provincias, a dá Coruña rexistra ou maior número de intervencións (105), seguida de Pontevedra (67), Lugo (29) e Ourense (12).

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou avisos laranxas na Coruña e Pontevedra por chuvias,  e ampliou o aviso laranxa por vento na Mariña e na montaña de Ourense. O fenómeno meteorolóxico adverso por chuvia comezará a primeiras horas da tarde no noroeste, oeste e sueste da Coruña, nas Rías Baixas e a bacía do Miño de Pontevedra. 

Desde as 18:00 horas e ata a medianoite vanse acumular ata 40 litros por metro cadrado, pero nunha hora poderían recollerse ata 20 litros. As autoridades pídenlle á poboación que extreme as precaucións nos desprazamentos por estrada e que se evite achegarse a diques, rompentes ou paseos marítimos.

As zonas máis complicadas a priori, con 80 litros por metro cadrado en 12 horas, 30 litros nunha hora van ser no litoral, nas Rías Baixas, e en comarcas do Miño, tanto en concellos do Baixo Miño. Oia, Tui, A Garda, coma en concellos do Condado coma Salvaterra de Miño. Aquí o risco para as persoas será importante e por iso se eleva a alerta a laranxa a partir das catro da tarde.

O mar combinado do noroeste con ondas que chegarán ata os seis metros de altura deixará unha situación complicada na costa.

A situación obrigou a pechar en moitos lugares parques, xardíns ou accesos a praias por precaución e o derbi de fútbol xuvenil entre o Celta e o Deportivo quedou aprazado.

As temperaturas están a ser anormalmente altas para esta época. O luns Galicia quedará nunha situación de ballóns, pero con ventos máis frouxos. As temperaturas descenderán de xeito notable, e por exemplo na Coruña e Santiago a caída das máximas será de ata cinco graos e en Lugo non van pasar dos 12 de máxima.

despois de dás xornadas moi cálidas agárdase un descenso térmico brusco e notable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade