Irene Ferreras tras a súa destitución: "Creo que deixamos un proxecto interesante"
Irene Ferreras tras a súa destitución: "Creo que deixamos un proxecto interesante"
A adestradora do Deportivo Abanca síntese "en paz" co seu traballo en Abegondo
"Levome o día do ascenso gravado"
O Deportivo Abanca anunciaba na madrugada do sábado a destitución de Irene Ferreras como adestradora do clube de primeira división feminina. "Vouno tomar dun xeito positivo, ver esta sala chea xa é un motivo para iso", con estas verbas comezaba Irene Ferreras unha rolda de prensa emotiva á que acudiu toda a plantilla do Deportivo Abanca, o cal "sorprendeu" á agora exadestradora do equipo.
O club comunicáballe a súa destitución tras a derrota por 2-1 fronte ao Sevilla, "Mostráronme a súa postura en canto aos resultados (...) Os resultados non foron os mellores, o clube toma unha decisión e eu non vou poñer excusas".
Ferreras centrouse no positivo desta avetura en Coruña: "Isto non remata aquí, crecín moitísimo como adestradora" e aproveitou para lembrar o día do ascenso fronte a 14.000 persoas en Riazor: "Voume levar o día do ascenso gravado. Moitas rapazas van crecer sabendo que poden ser o que queiran". Ademais, adicoulle unhas palabras a todos os traballadores do Deportivo: "Atopei unha familia en Abegondo, este club é moi bonito nese sentido".
Respecto aos seus últimos días á fronte do conxunto herculino, Irene reflexionaba que "Non pasei sensación de agobio, o día a día non parecía o de un equipo afundido (...) Creo que deixamos algo bonito, un proxecto interesante". Respecto ao futuro do equipo, ve a un vestiario "mentalmente forte e con capacidade de acadar o obxectivo".
O Deportivo Abanca atópase actualmente en postos de descenso, sumando 6 puntos en 10 xornadas desputadas.