Deteñen un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca
Deteñen un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca
O home, de 68 anos, e sen antecedentes policiais, dirixíase ás mulleres cunha actitude intimidatoria e mesmo exhibía unha navalla
Axentes da Garda Civil de Cambre detiveron un home de 68 anos, residente na Coruña como presunto autor dun delito de acoso sexual e ameazas con arma branca.
A actuación produciuse o 19 de novembro tras varios incidentes ocorridos na localidade do Temple, en Cambre. Durante as últimas semanas a Garda Civil intensificou a vixilancia sobre o home tras recibir información polas redes sociais e queixas veciñais sobre comportamentos inapropiados en zonas como A Agra do Orzán e Os Mallos.
O 18 de novembro, tiveron coñecemento de que, nas proximidades dun centro escolar, varias persoas denunciaron ser vítimas de condutas ofensivas e ameazas. O home, conforme as testemuñas, tiña unha actitude intimidatoria cara ás mulleres, realizaba xestos inapropiados e mesmo chegou a mostrar unha navalla.
O detido, que non ten antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.