Publicador de contidos
Publicador de contidos

As rúas de Vigo énchense na primeira fin de semana tras o acendemento das luces

As rúas de Vigo énchense na primeira fin de semana tras o acendemento das luces

O alumado do Nadal sobrevoa 420 rúas da cidade

G24.gal 23/11/2024 21:09

Primeiro sábado para gozar das luces do Nadal de Vigo logo de que as prenderan hai sete días. E a imaxe, a que xa argadabamos. As rúas, especialmente as do centro,  ateigadas de vigueses e tamén de visitantes de fin de semana doutros puntos da xeografía galega e española. Ademais, o tempo está acompañando esta noite.

Aínda que o alumado do Nadal sobrevoe 420 rúas da cidade, son as do centro as que máis aplausos e visitantes levan. Ademais, hai xa expertos no circuíto obrigatorio. A caixa de regalos, a bóla na que meterse, as figuras de Príncipe ou García Barbón... e por suposto a nora xigante. 

A nora, iso que case ninguén quere perder, pechou este sábado ás nove da noite e así permanecerá ata o luns. O motivo, a seguridade ante o temporal de vento anunciado. As prazas nos aparcadoiros escasearon máis que o propio día do acendemento. No centro moitos colgaron o cartel de completo. O tráfico, sen chegar a producir atascos, foi tamén algo máis denso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade