Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cregos botan man das novas tecnoloxías para informar aos fregueses sobre as misas

Os cregos botan man das novas tecnoloxías para informar aos fregueses sobre as misas

O cura do Páramo comparte en distintas redes os calendarios dos actos litúrxicos de 18 parroquias

Calendario de misas compartido polo párroco a través de WhatsApp
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 31/03/2025 20:30 Última actualización 31/03/2025 21:51

José Manuel Castro encóntrase á fronte de case todas as parroquias do concello lugués do Páramo. Para organizar as misas, este crego 2.0 non dubida en botar man das ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías.

"Éme moi cómodo. Dun día para outro podo organizar unha misa e que o seu horario chegue a todos os fregueses. Antes entregaba un papeliño que non se actualizaba en tres meses", sinala o sacerdote. 

Como párroco, José Manuel comparte en distintas redes os calendarios dos actos litúrxicos. Deste xeito, os fregueses poden informarse en tempo real sobre calquera novidade. 

No caso do cura do Páramo, conta con preto de 7.000 seguidores nunha das súas redes. Coma el, boa parte dos cregos tiran cada vez máis destas ferramentas para manterse en contacto coa súa freguesía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade