Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 57% dos que buscan adelgazar proban algún tipo de dieta milagre

O 57% dos que buscan adelgazar proban algún tipo de dieta milagre

O efecto rebote das dietas milagre

O xaxún intermitente, a dieta detox, a Dukan e a cetoxénica, entre os métodos rápidos máis utilizados para perder peso

O 22% dos galegos sofren de obesidade

Os expertos aconsellar acudir a un especialista para que faga o seguimento da dieta
G24.gal 01/04/2025 16:21 Última actualización 01/04/2025 18:10

Segundo un informe elaborado por Mapfre e a Academia Española de Nutrición e Dietética, un 52% dos adultos españois teñen sobrepeso ou obesidade. Sete de cada dez probaron algunha vez perder peso e deles un 57% seguiu algunha das chamadas dietas milagre.

 "Claro que si, pero agora non estou a dieta".

"Estes míticos TikTok que che aparecen para comer mellor, para estar máis delgada... desas cousas, si", contan na rúa.

Nin son dietas personalizadas nin contan con apoio científico, pero todo o mundo fala delas.

 "As máis populares son a dieta de Atkins ou dieta cetóxena, dietas baixas en hidratos de carbono, agora púxose moi de moda o xaxún intermintente para a perda de peso", explica Giuseppe Russolillo, presidente da Academia Española de Nutrición e Dietética.

 "Soen ser dietas que prometen resultados moi rápidos, en moi pouco tempo, pero que non adoitan ser moi eficientes, a verdade", apunta unha farmacéutica.

O maior problema é o efecto rebote. De media con elas pérdense uns 6 quilos e recupéranse máis de 5. Os expertos alertan dos riscos para a saúde destes métodos rápidos.

 " A curto prazo, dores de cabeza, estrinximento, náuseas, vómitos, cansazo, malestar xeral pero a medio e longo prazo son realmente un problema porque poden danar o fígado, o ril e o corazón", continúa o experto en diética.

Aconsellan visitar un profesional da saúde que planifique un método a longo prazo porque é a única forma de garantir cambios de hábitos e resultados exitosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade