Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os primeiros 1.000 días de alimentación son determinantes para a esperanza de vida

Os primeiros 1.000 días de alimentación son determinantes para a esperanza de vida

Obesidade, colesterol alto, hipertensión ou diabete tipo 2 dependen dos hábitos de alimentación, que se crean na infancia

A merenda ao aire libre, un hábito saudable dos países mediterráneos
G24.gal 27/03/2025 14:24

Para a experta en nutrición infantil, Rosaura Leis, o que explica o incremento da obesidade é que se está a abandonar a dieta e o estilo de vida atlántico e mediterráneo.

"Os nenos e adolescentes dos países do Mediterráneo teñen agora máis prevalencia de obesidade que os do norte de Europa. Así que nós, que presumiamos dun estilo de vida saudable e activo, algo estamos facendo mal. Estamos perdendo adherencia a estes estilos de vida", declara Rosaura Leis, coordinadora da Área de Endocrinoloxía pediátrica do CHUS.

Comer mellor é evitar doenzas relacionadas coa mala alimentación, que poderían acurtar a esperanza de vida das xeracións futuras. E para iso demóstrase que desenvolven mellores hábitos os nenos que aprenden de alimentación na escola e na casa.

"Non só participando na cociña. Tamén deben participar na elaboración do menú, na selección de alimentos no mercado, aprender a ler as etiquetas...", detalla Rosaura Leis.

Explican os expertos que, a partir dun ano, os nenos deben ter a mesma estrutura de dieta que os adultos, co predominio de cereais integrais, froitas e verduras, cinco racións semanais de peixe e carne; e os doces e bebidas azucaradas, só esporadicamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade