Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre ao público o Castelo de Doiras, declarado Ben de Interese Cultural no 1994

Abre ao público o Castelo de Doiras, declarado Ben de Interese Cultural no 1994

A edificación, situada no concello de Cervantes, orientarase a actividades culturais e sociais da veciñanza e tamén ao turismo

G24.gal 30/03/2025 14:56 Última actualización 30/03/2025 20:57

O Concello de Cervantes e a Deputación de Lugo pagaron preto dun millón de euros á fudación Xosé Soto de Fión, a última propietaria dun castelo que se construiu no século XV e que pertenceu durante séculos á familia Osorio.

Este castelo é un referente nos Ancares, un símbolo da identidade das cervantegas e cervantegos, que agora acollen con moita satisfacción sabérense donos dun castelo que terá dous usos fundamentais: para actividades sociais e culturais da veciñanza e tamén un espazo para os turistas, a porta de acceso a esta zona da montaña luguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade